Marchamos de Magosto!

O pasado venres 16 de novembro, todo o alumnado do Quiñones de León celebrou a tradicional festa do Magosto no monte do Vixiador. Xunto a unha paisaxe de outono e un cheiro a castañas e chourizos, os nenos pasaron a mañá xogando, pintando a cara e divertíndose cos seus compañeiros e profesores. Este ano, como novidade, tamén contamos cunha máquina de asar castañas!! Os alumnos dos cursos superiores de Primaria tamén o pasaron moi ben resolvendo un xogo de pistas—

Ler máis