Ampliación axuda material escolar

Lembren que os destinatarios das axudas para material escolar por importe de 50 euros teñen unha ampliación de axuda de 25 euros.  Polos prazos establecidos, deben pasar pola Administración do colexio o antes posible.

Samaín 2022

Esta semana pasada, na Educación Primaria, pasámolo de medo!! E nunca mellor dito! Porque celebramos un novo Samaín no que podemos desfrutar de compartir, experimentar, xogar xuntos, sorrir, xuntarnos e coma non podía ser menos… expoñer! Pero explicámosvolo a continuación polo miúdo. Como grandes protagonistas desta festa están os calacús ou cabazas de Samaín. E por fin, despois de dous longos anos, puidemos organizar o noso tradicional concurso de calacús ou cabazas de Samaín. O alumnado de 3º a 6º—

Ler máis

O Quiñones de León co cine inclusivo

O pasado día 18 de outubro, os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria foro nao Auditorio do Concello para desfrutar da proxeción do filme  “Valentina”, unha fermosa película protagonizada por unha nena con Síndrome de Down. Conta a historia de cómo a nena persegue o seu soño de ser trapecista mentras descubre o paradeiro da súa avoa. Este filme foi gañador dun Premio Goya neste ano 2022 á mellor película de animación. Dirixida por Chelo Loureiro, coa—

Ler máis