Magosto (E.P)

Como vedes, este ano a climatoloxía deu ao traste coas actividades que tiñamos preparadas para celebrar o Magosto en convivencia, ata tivemos que aproveitar os descansiños que nos daba a choiva para ir a por as castañas ao castañeiro; o que non conseguiu foi estragarnos o día porque o pasamos en grande con xogos, manualidades, proxectos e demais actividades. Así que… que aprendemos? Que ao mal tempo boa cara e que en compañía dos amigos sempre se pasan bos momentos.—

Ler máis

Samaín 2024 (Ed. Primaria)

A semana pasada celebramos Samaín cunha chea de actividades terroríficas e interesantes. Dende manualidades a experimentos científicos ou a experimentar grandes emocións… deixámosvos aquí unha mostra das actividades levadas a cabo durante esta xornada. Nos tres primeiros cursos optamos polo xogos de mesa, xa que é unha actividade moi enriquecedora ao ter que respectar os turnos e as normas dos xogos, o traballo en equipo… e as manualidades xa que sempre son un acerto. E realizamos dous experimentos diferentes, tematizados—

Ler máis

Xunta electoral-Eleccións Consello escolar

Informamos ás familias de que o venres 18 de outubro, ás 16:15 h, reunirase o Consello escolar para realizar o sorteo público dos membros titulares e suplentes da Xunta electoral  (profesor/a, pai/nai, alumno/a de ESO) nas eleccións de 2024.

Obradoiro de Reciclaxe (1º-4º de E.P)

Fai uns días, o noso alumnado de 1º a 4º de E.P tivo a oportunidade de participar nun obradoiro de reciclaxe promovido polo concello no que aprenderon, ou máis ben consolidaron, as aprendizaxes adquiridas grazas a utilización dos contenedores de reciclaxe nas aulas. Os nenos e nenas desfrutaron desta amena actividade e avanzaron no seu compromiso co coidado de medio ambiente.