3ª orde do Meco 2022

Novo día, nova orde. “O mércores, pulseiras deportivas levarás e deportista profesional parecerás” Así que xa sabedes, haberá que manter o misterio ata o final para saber que deporte representa cada un de nós. Que ganas de velo! Aquí tedes o noso Meco, todo fachendoso, ca súa cinta e as súas pulseiras deportivas a xogo. Será o taekwondo o seu deporte?

2ª orde do Meco 2022

Xa lestes a nova orde do Meco? “Empezamos a suar e a correr, a túa cabeza non podes esquecer…” Así que, mañá todos e todas con algo relacionado co voso deporte que poidades levar na cabeza. Todo vale! Cintas deportivas, gorras, viseiras de golf, cascos de bici, moños de ximnasia… Utilizade a vosa imaxinación e sorpréndenos. Vémonos mañá!

Ordes do Meco 2022

A semana que vén empezamos coas actividades propias de entroido. Como sabedes, é tradicional que o Meco nos diga o que temos que poñernos; e este ano propúxose converternos a todos en deportistas. Empezaremos por traer unha medalla, premio ou galardón o luns. El esta encantado co seu. Visitade a web todos os días para saber que hai que engadir a continuación. Animádesvos?.

Día da Paz 2022

O pasado día 31 chegou, un ano máis, o Día da Paz ao noso centro. Sempre é un dos favoritos do noso alumnado xa que falamos do compañeirismo, a colaboración, a solidariedade… valores que ademais de ser traballados día a día, toman protagonismo nesta data. Este ano, propuxémonos resaltar palabras sen as que a Paz non sería posible e que nos marcan o camiño que debemos seguir e fomentamos sempre entre o noso alumnado. Vístelas colgando en globos con forma—

Ler máis

Nadal 2021

Antes de nada, agardamos que pasásedes unhas festas agradables en compañía dos vosos seres queridos e acordándovos con agarimo dos que xa non puideron estar convosco. Un ano máis chegou o Nadal ao cole e, como é habitual, as actividades e a dinámica das clases cambiaron. Presentámosvos aquí o máis destacado, ocorrido o último día da clase antes das vacacións, pero non pensedes que é o único que fixemos para celebrar estas festas. Nos blogues de cada etapa atoparedes, en—

Ler máis