Matrícula curso 2021-22

  • Do 20 ao 30 de xuño para Ed. Infantil e Ed. Primaria.
  • Do 25 de xuño ao 1o de xullo para ESO.

  Máis información no menú da dereita (Curso 2021-22,  Admisión e matrícula).

Conmemoración do Día das Letras Galegas 2021

A semana pasada celebrabamos o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a unha autora da nosa cidade, Xela Arias. Leváronse a cabo diferentes actividades co obxectivo de achegar a vida e obra desta autora adecuadas á idade do noso alumnado nas distintas etapas educativas. O alumnado de Ed. Infantil e Primaria fixeron unha mural conxunta adicada a Xela Arias que adorna o corredor de entrada pola rúa Travesía. Ademais disto o alumnado de Ed. Primaria, nenos e nenas de—

Ler máis

Feliz Día das Letras Galegas 2021

De parte do Equipo directivo e do claustro queremos felicitarvos o Día das Letras Galegas; este ano dedicado a Xela Arias, autora da nosa cidade. Permanecede atentos ás actividades educativas levadas a cabo que se publicarán proximamente. Pasade un bo día.

Charla sobre Sexualidade en 3º e 4º ESO

Unha sociedade madura  debe desterrar vellos tabús e explicar a realidade sen eses medos que son a primeira causa de mitos, ideas erróneas e pensamentos únicos. E así, con  palabras claras e respectuosas, sen chíos nin descalificacións, aprendemos algunhas ideas sobre sexualidade fóra dos contornos habituais de (des)información. A sexóloga Sonia Morán, do centro Quérote+ de Vigo, dependente da Consellería de Política Social da Xunta, falou sobre o tema ao alumnado de 3º e 4º. E como para comprender hai—

Ler máis