DígochoEu

Hai unhas semanas, compartiamos con vós uns vídeos feitos polo alumnado de secundaria nos que recreaban o programa Dígocho Eu. A semana pasada achegámonos ata Santiago de Compostela para asistir á gravación dun programa en directo.

Ata alí fomos algunhas alumnas, familias e profesoras do centro.

Puidemos coñecer a Esther Estévez, Carlos Amado e Rocío.

Foi unha tarde inesquecible, compartida con moitos centros escolares que tamén se achegaron para vivir unha tarde única.

Se queredes ver tamén o programa, podedes premer aquí: programa.

Comments are closed