O venres 21 de febreiro toda a comunidade educativa celebrou o Entroido, que tivo como elemento motivador as lendas galegas.
Os alumnos e alumnas de educación infantil e primaria desfilaron polas rúas do barrio do Calvario vestidos como fadas, trasnos, xacios e xacias, mouros e mouras, meigas, diaños, gatipedros e outros seres máxicos relacionados coa nosa natureza.
Neste paseo, non faltaron tamén algúns compañeiros e compañeiras de secundaria, así como profesores e familiares do alumnado.
Xa de volta no colexio, chegou o momento de comer orellas, visitar a cantina dos compañeiros de 4.º da ESO e participar no concurso de baile.
Foi unha gran xornada de convivencia entre o alumnado das diferentes etapas. Como nos gusta disfrazarnos!