O Entroido no Quiñones de León

O venres 21 de febreiro toda a comunidade educativa celebrou o Entroido, que tivo como elemento motivador as lendas galegas. Os alumnos e alumnas de educación infantil e primaria desfilaron polas rúas do barrio do Calvario vestidos como fadas, trasnos, xacios e xacias, mouros e mouras, meigas, diaños, gatipedros e outros seres máxicos relacionados coa nosa natureza.     Neste paseo, non faltaron tamén algúns compañeiros e compañeiras de secundaria, así como profesores e familiares do alumnado. Xa de volta—

Ler máis

Celebración dos maios no Quiñones de León

Este curso escolar pareceunos unha boa idea festexar os maios co noso alumnado. Para comezar, implicamos o alumnado da ESO, que, en colaboración co departamento de música, creou un maio. Despois, en colaboración co departamento de plástica preparamos a armazón e fomos colocando todo o verde no noso maio figurado. E entón chegou o momento de festexar os maios. Por cursos, o alumnado visitou a biblioteca onde se lles explicou a orixe e o significado desta celebración. A continuación, todos puideron—

Ler máis