Esta semana pasada visitáronnos os grandes regueifeiros Pinto e Caruncho. Este foi o primeiro obradoiro desta actividade organizada desde Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
Nesta sesión, o noso alumnado coñeceu a orixe desta arte de improvisación oral en verso e puideron practicar o aprendido.
Coma sempre, esta actividade está chea de humor, risas e o mellor ambiente!!