Participación no EnlazaVigo

Con motivo do Día contra a violencia de xénero, o grupo de 4.º da ESO participou nos actos organizados pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e mais o Consello Municipal da Muller. O obxectivo desta xornada é lograr que as novas xeracións se impliquen activamente para construír unha sociedade máis xusta e igualitaria para todas e todos.

Celebramos o Magosto

Esta semana celebramos o Magosto no cole. Ademais das actividades que realizamos na clase para aprendermos máis sobre a nosa cultura e tradición, fixemos moitos xogos no patio. Por suposto, as castañas asadas non puideron faltar. Estaban boísimas! A continuación tedes un vídeo resumo do día.

Samaín (parte 2)

Como ben sabedes, o pasado 30 de outubro celebramos a tradicional festa de Samaín. Lonxe da orixe desta tradición celta, coa que se celebraba o final do verán, hoxe celébrase en todo o mundo grazas á súa expansión desde países anglosaxóns. No noso caso, sempre con carácter voluntario, centrámolo nunha xornada de convivencia con actividades lúdicas, concursos e talleres. Desde 1º a 6º de Primaria, o noso alumnado de Primaria realizou, entre outras cousas, un taller culinario de maneira colaborativa—

Ler máis