-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
XII Certame escolar de regueifas
Tras dous obradoiros, catorce dos nosos alumnos tiveron a oportunidade de participar no XII Certame escolar de regueifas. Este certame contou con dous presentadores magníficos: Pinto d’Herbón e Luís O Caruncho, que dinamizaron esta xornada, chea de emocións e de nervios. Os nosos e as nosas representantes foron collendo o micrófono e improvisando coplas, coma eles só saben facer. E os demais compañeiros animaron e aplaudiron durante toda a xornada. Finalmente, chegamos á semifinal e tamén á final. E trouxemos—
3ª orde do Meco 2022
Novo día, nova orde. “O mércores, pulseiras deportivas levarás e deportista profesional parecerás” Así que xa sabedes, haberá que manter o misterio ata o final para saber que deporte representa cada un de nós. Que ganas de velo! Aquí tedes o noso Meco, todo fachendoso, ca súa cinta e as súas pulseiras deportivas a xogo. Será o taekwondo o seu deporte?
2ª orde do Meco 2022
Xa lestes a nova orde do Meco? “Empezamos a suar e a correr, a túa cabeza non podes esquecer…” Así que, mañá todos e todas con algo relacionado co voso deporte que poidades levar na cabeza. Todo vale! Cintas deportivas, gorras, viseiras de golf, cascos de bici, moños de ximnasia… Utilizade a vosa imaxinación e sorpréndenos. Vémonos mañá!
Ordes do Meco 2022
A semana que vén empezamos coas actividades propias de entroido. Como sabedes, é tradicional que o Meco nos diga o que temos que poñernos; e este ano propúxose converternos a todos en deportistas. Empezaremos por traer unha medalla, premio ou galardón o luns. El esta encantado co seu. Visitade a web todos os días para saber que hai que engadir a continuación. Animádesvos?.
Obradoiro de regueifas (II)
Esta última semana volveron achegarse polo Quiñones de León os grandes improvisadores: Luís O Caruncho e Pinto d’Herbón. Guiáronnos no segundo obradoiro de regueifas organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo deste curso. Desta volta, o alumnado, xa con algunhas nocións, foi improvisando as súas coplas e gozando de compartir risos. Cara ao final, foron atrevéndose a regueifar en parellas. Aquí seguiremos practicando para manter viva esta tradición e para dar o mellor de nós no Certame de—