Informámoslles de que xa saíron as axudas de comedor. Poden informarse na Administración do colexio (9:10-11:00, 13:00-14:00).
-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
Informámoslles de que xa saíron as axudas de comedor. Poden informarse na Administración do colexio (9:10-11:00, 13:00-14:00).
Recibiamos ao noso alumnado esta mañá cos brazos abertos e desexando que trouxesen as súas mochilas cargadas de boas noticias, recordos de verán e moita ilusión para afrontar o seu próximo gran curso. Lamentablemente aínda non podemos gozar dos seus sorrisos, pero conformámonos con ver a alegría da volta ao cole reflectida nos seus ollos. Por diante espérannos 10 meses cargados de emocións e sospresas. Benvidos a todos, alumnado e familias, a un novo curso non noso centro.
Cando xa quedan poucos días para vernos de novo, queremos compartir convosco un vídeo de como despediron o curso os nosos alumnos e alumnas de primaria o pasado xuño. Aproveitamos esta oportunidade para saudarvos de novo e agradecervos novamente a vosa colaboración; e desexamos que, no curso que empezamos en breve, podamos volver ver de novo esas cariñas que nos dan tantas alegrías.
Convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para 2021-22. Prazo de solicitude: ata 30 de setembro. Consultar menú da dereita (Curso 2021-22, Axudas e actividades).
Xa poden consultar as listaxes definitivas do banco de libros chamando ao 986278089 ou presencialmente en Administración no horario de verán.