Xa poden consultar no taboleiro do colexio a listaxe definitiva de alumnado admitido no curso 2021-22.
Celebración musical do Día das Letras Galegas

Algúns dos nosos alumnos e alumnas quixeron achegarse á figura de Xela Arias dun xeito moi próximo a eles, isto é, a través dun vídeo. Escoitamos moitas cancións creadas a partir de poemas desta autora, ata que nos decidimos por Intempériome, de A banda da Loba. Analizamos os versos, identificámonos con eles e sentímolos. E, a seguir, as ideas para o baile foron xurdindo desta xente nova, o futuro da nosa lingua. Podedes premer na seguinte ligazón para gozar con—