O xoves: paxarela, sombreiro, un zapato de cada cor e ao redor da cintura algo fermoso debes poñer.
O Entroido infantil

A celebración do Entroido na etapa de Educación Infantil estivo marcada polas indicacións do Meco, que seguimos durante toda a semana, e que nos foron transformando pouco a pouco, para o venres saír disfrazados duns preciosos pallasos. O último día da semana fixemos unha gran festa, con obradoiros de elaboración de flores de pallaso, máscaras e unha sesión de cine. Pese as restriccións, o noso alumnado máis cativo gozou dunha semana especial chea de cor, ledicia, diversión e novas aprendizaxes.—