Celebramos o magosto

Como xa vén sendo habitual no noso centro, eliximos o monte do Vixiador para gozar dunha mañá de convivencia cos nosos compañeiros e, como non, para deleitarnos con castañas asadas. Este ano non puidemos asalas no propio monte, xa que o lume que arrasou con moito do noso verde fixo que se prohibise este tipo de actividades durante un tempo. Como se pode comprobar nas fotos previas á saída, os nenos e nenas tiñan moitas ganas de facer esta excursión.—