Último día de Pompeya
O alumnado de 4.º da ESO quere presentarvos o seu último traballo relacionado cos últimos días de Pompeya, realizado na materia de Cultura Clásica. Desexamos que vos guste tanto coma a eles. Só tedes que premer na seguinte ligazón: O último día de Pompeya
Normas da plataforma Blink
O alumno/a que utilice a plataforma Blink (á que se pode acceder desde esta web: arriba á dereita, ou no enlace https://www.blinklearning.com/login ) deberá seguir as seguintes normas:
- Para entrar usará o enderezo de correo e o contrasinal que lles facilitou o titor/a por Abalar.
- O contrasinal poderá cambialo, pero deberá tratar de non esquecelo.
- No caso de irmáns, cada un terá un nome de usuario diferente (distinto enderezo de correo).
- Non é preciso descargar ningún programa ou aplicación.
Faro da Escola 2019-2020
O pasado 18 de xuño, tivo lugar, nos xardíns do Pazo Quiñones de León, o acto de entrega do xornal elaborado polos centros participantes no proxecto. Aínda que mantivemos a distancia de seguridade entre mestres, alumnos e autoridades, sentímonos todos un pouco máis preto. Celebramos xuntos o resultado destes meses de traballo na distancia, cun xornal único que sen dúbida, lembraremos no futuro. Escoitamos as palabras dunha mestra sobre a situación vivida durante a pandemia e o esforzo e traballo—
Graduacións virtuais de Educación Infantil e Educación Primaria
O remate do curso ven tradicionalmente marcado por dúas importantes celebracións: as graduacións do alumnado de sexto de Educación Infantil e de sexto de Educación Primaria. Nelas conmemoramos o fin dos seus estudos na correspondente etapa, e o paso a outra nova con emoción e agarimo. Este ano, por mor da emerxencia sanitaria, non puidemos celebrar estas importantes citas de xeito presencial, pero non perdemos a oportunidade de facelo a través dos medios tecnolóxicos! Así, na última semana do curso,—



