Visita de Iria Misa

Hoxe os alumnos e alumnas de 5º e 6º ep recibiron a visita de Iria Misa. Veu falarlles do seu libro “Unha veciña de película”, que leran na materia de Lingua Galega. Neste rato tan divertido os rapaces e a autora intercambiaron preguntas, opinións e curiosidades sobre a obra. Ao rematar, Iria, moi amablemente, asioulles os libros. Os nenos e nenas, a cambio, entregáronlle un bloc cuns debuxos que lle fixeron. Moitas grazas pola visita, Iria!