Obradoiro de regueifas

Esta semana o alumnado de secundaria coñeceu o gran regueifeiro Bieito Lobariñas. Tivemos a primeira sesión dos obradoiros de regueifas, organizados pola Deputación de Pontevedra e a Asociación ORAL de Galicia. Explicou a orixe das regueifas e amosou ao alumnado a existencia desta arte de improvisación en todo o mundo. Acompañados polo son da súa zanfona, crearon as súas coplas e tamén as cantaron. Agora seguiremos practicando para mostrar os dotes de improvisación do Quiñones na segunda sesión.

Obradoiro de regueifas

Un curso máis, tivemos o pracer de participar no Obradoiro de regueifas que organiza a Deputación de Pontevedra. Desta volta, estivo no Quiñones de León o regueifeiro Bieito Lobariñas. Nesta primeira sesión, o alumnado puido repasar, da man de Lobariñas, a orixe das regueifas, a presenza da improvisación oral en verso nos diferentes pobos, as características destas composicións… Animados pola zanfona do regueifeiro, cantaron as súas propias coplas. Agora xa están agardando pola segunda sesión deste obradoiro!