3.º e 4.º de primaria visitan a Villa Romana de Toralla

Os grupos de 3.º e 4.º de educación primaria visitaron o Centro de Interpretación do Mundo Romano de Vigo.

Este espazo pretende achegar ao noso alumnado a historia da nosa cidade, a través de diferentes recursos, como reconstrucións, maquetas ou debuxos.

Os nenos e nenas, acompañados duns expertos arqueólogos, percorreron estes espazos, e achegáronse así ao mundo romano e puideron coñecer a súa influencia na nosa cidade, como por exemplo a súa economía baseada na pesca. Deste xeito, reforzaron os coñecementos traballados previamente na aula, e aprenderon outros novos.

Tamén puideron gozar dun paseo polo xacemento arqueolóxico situado ao seu carón, a Villa Romana de Toralla, onde se pode ver a propia villa e a salina, vinculados ás actividades da pesca e salgadura.

Así transcorreu a xornada:

Seguro que moitas familias aínda non visitastes este marabilloso espazo que temos na nosa cidade, e agora teredes uns magníficos guías!

En 1.º da ESO comezan a investigar

O grupo de 1.º da ESO tivo a oportunidade de participar no obradoiro “A miña primeira investigación”, actividade ofertada a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

A finalidade deste obradoiro é a de presentarlle ao alumnado o método científico dunha forma experimental. Os monitores do taller trouxeron moito material e, partindo deste e dunha serie de explicacións, o alumnado tivo que descubrir a orixe dun problema.

EnlazaVigo contra a violencia de xénero

Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os grupos de 3.º e 4.º da ESO participaron na iniciativa EnlazaVigo coa seguinte creación artística sobre micromachismos:

O día 25 de novembro acudiron ao Auditorio Mar de Vigo, onde asistiron a unha acción formativa, ademais de ver a presentación da exposición das creacións artísticas dos compañeiros doutros centros educativos da cidade.

1.º de primaria traballa coas matemáticas manipulativas

Os conceptos abstractos propios da área matemática son, moi a miúdo, difíciles de comprender polos alumnos dos primeiros cursos, xa que requiren de certa madurez e capacidade de abstracción pola súa parte. Así que a mellor estratexia metodolóxica nestes casos son actividades lúdicas e manipulativas. Deste xeito, desenvólvese unha das competencias máis importantes, a de aprender a aprender, ao mesmo tempo que eles son os construtores e os artífices da súa propia aprendizaxe. Por este motivo, o alumnado de primeiro—

Ler máis

Ludoteca lingüística

Porque nos podemos achegar á nosa lingua de moitos xeitos e todos eles válidos, porque queremos que o noso alumnado sinta amor pola lingua galega, sexa a súa lingua materna ou non, participamos nunha ludoteca lingüística, que fixo pasar uns momentos moi divertidos a todos os nenos e nenas de 3.º e 4.º de educación primaria. A través de diferentes xogos populares, o alumnado tivo que ir superando algunhas probas que lles propuñan as monitoras. Para que o resultado fose—

Ler máis

Visita de 2.º da ESO á Biblioteca Xosé Neira Vilas

Esta semana o grupo de 2.º da ESO visitou a Biblioteca Xosé Neira Vilas. É unha saída que gusta moito ao alumnado, xa que sempre lles presentan unha temática interesante e unha chea de referencias bibliográficas para achegarse despois a elas. Este curso a temática son as Olimpíadas, xa que se van celebrar o próximo ano 2020.

Recibiunos a bibliotecaria Mar, que nos falou un pouco sobre como facernos socios da biblioteca e dos servizos que teñen dispoñibles. Demos unha volta pola biblioteca e xa nos dispuxemos a entrar no mundo fantástico dos libros e a literatura da súa man.

Mar fixo un percorrido a través de diferentes obras literarias para presentarnos a historia das Olimpíadas, coñecemos diferentes deportes, novos deportes que estarán presentes nas probas do 2020 e moitas anécdotas destas últimas celebracións.

A seguir, foi a quenda dos alumnos e alumnas, de participar na actividade que lles tiñan preparada.

Primeiro, tiveron que pasar unha proba de mímica deportiva:

A continuación, xogaron a un tabú do ámbito dos deportes:

E, para rematar, tiveron que descifrar uns xeroglíficos relacionados co mundo deportivo:

Non todos os equipos gañaron, pero si todos participaron e todos o pasaron fenomenal, ademais de aprender un pouco máis sobre os deportes e as Olimpíadas.

Así de felices nos despedimos ata o próximo ano!