Celebración musical do Día das Letras Galegas

Algúns dos nosos alumnos e alumnas quixeron achegarse á figura de Xela Arias dun xeito moi próximo a eles, isto é, a través dun vídeo. Escoitamos moitas cancións creadas a partir de poemas desta autora, ata que nos decidimos por Intempériome, de A banda da Loba. Analizamos os versos, identificámonos con eles e sentímolos. E, a seguir, as ideas para o baile foron xurdindo desta xente nova, o futuro da nosa lingua. Podedes premer na seguinte ligazón para gozar con—

Ler máis

Feliz Día das Letras Galegas!

Hoxe, 17 de maio, non queremos pasar sen celebrarmos toda a comunidade educativa o Día das Letras Galegas, aínda que sexa así na distancia. Este ano dedícase este día a Ricardo Carballo Calero. Durante o mes de outubro, faremos diferentes actos conmemorativos no centro escolar ao redor da figura deste persoeiro. Pero este 17 maio quedará para sempre na nosa memoria como unha data diferente, na que festexamos o día sabendo que todos os días son os días das nosas—

Ler máis