Concurso Cíes, o paraíso de todos

Hoxe vimos cunha nova moi leda, o grupo de 2.º ESO B gañou na categoría de vídeo grupal de 1.º e 2.º da ESO o premio da VII edición do concurso Cíes, o paraíso de todos. Deixámosvos o vídeo a continuación, para que poidades velo: Só puido acudir un pequeno grupo para recoller o premio, a causa das medidas derivadas da situación sanitaria actual, pero deixámosvos algunha imaxe do acto. E agora só nos queda pensar na data para gozar—

Ler máis

IV Edición premios Faro da Escola 2018/2019

This gallery contains 5 photos.

Un ano máis, os alumnos de educación primaria continúan coa tarefa de aprender sobre xornalismo. E foi así como elaboraron un xornal do noso centro. Comezaron polo mes de novembro. Daquela, entre todos, alumnos e mestres, decidimos  as seccións que ía ter o xornal e puxémonos man á obra. Falamos de deporte, da importancia dun estilo de vida saudable. Entrevistamos personaxes de actualidade da nosa cidade. Investigamos sobre as empresas pequenas e o seu traballo. Fixemos enquisas sobre o consumismo.—

Ler máis

Entrega de premios Faro da Escola

O 28 de maio, tivo lugar nos xardíns do Pazo Quiñones de León a entrega dos premios Faro da Escola, no que participaban este ano 48 centros de Vigo e a comarca. Un grupo de alumnos e alumnas, con dúas mestras, foron recollidos por un autobús de transporte urbano da cidade. Estaban moi nerviosos, xa que investiron moito tempo e esforzo neste proxecto, que incluía a todas as etapas do colexio. Cando chegaron ao pazo, atoparon un despregamento impresionante por—

Ler máis