Estes días estivemos recibindo formación en edición de vídeo, radio, cortadora láser, impresora 3D e plotter, dentro do Programa de Polos Creativos. Moi pronto poderemos aplicar na aula estes novos coñecementos.
O equipo de traballo dos polos creativos xuntouse hoxe para traballar con automatismos. Estes foron os resultados: E funcionan! Seguiremos compartindo os avances desta formación, que esperamos poder implementar co alumnado moi pronto.