Hai uns días visitábanos Ramón Caride; autor de, entre outras obras, Sara ten un segredo. Durante a súa visita, contounos como lle colleu o gusto á lectura, como comezou a escribir as súas primeiras historias e mesmo comentou os lazos afectivos que ten través da lectura coa súa filla Sara, pola que chamou así á protagonista do libro que se leu en clase. Ademais, tivo a amabilidade de asinarlle ao noso alumnado a copia do seu libro e mesmo algunha fotografía na que saían lendo a obra en clase… en definitiva, o noso alumnado pasou un momento entrañable co autor. Moitas grazas por vir!
Comments are closed.