Graduación de Secundaria 2024

Desde aquel ano 2020 en que este grupo chegou a secundaria, viviron moitas experiencias que os fixeron  medrar e convertéronse nestes mozos e mozas que acaban de celebrar a súa graduación. Esta será sempre a vosa casa e aquí vos esperamos para que sigades compartindo con nós os vosos avances.  

Graduación Primaria 2024

O pasado mércores, vivimos momentos moi emotivos, xa que celebramos a Graduación de Primaria da promoción 2018-2024. Despedimos os nosos leonciños, que xa medran e pasan a Secundaria. Deixámosvos algunhas fotos do acto.