Proxecto “Nós tamén creamos!”: A pota que trota

Como todos sabedes, este curso participamos no Proxecto “Nós tamén creamos!” co grupo de 2.º de educación primaria. A finalidade deste proxecto era que o noso alumnado adquirise competencia oral en lingua galega e un mellor manexo das novas tecnoloxías. E abofé que o conseguiron. E agora chegou o momento de compartirmos con vós o resultado duns longos meses de traballo, de cooperación, de aprendizaxe, de divertimento, de respecto das opinións alleas… Só tendes que premer no seguinte enunciado para—

Ler máis

Concurso de redacción e poesía da Asociación de Veciños de San Roque

O mes de maio é o noso mes das letras, tanto no colexio, como fóra del. E este ano, igual ca os anos anteriores, o noso alumnado participou no Concurso de redacción e poesía da Asociación de Veciños de San Roque. O tema elixido nesta edición foi: os avós, esas persoas ás que tanto temos que agradecer e das que tanto temos que aprender. E así o demostraron moitos dos nosos alumnos e alumnas, con poesías e contos ou reflexións—

Ler máis

Cando Jules Verne andou por Vigo

No 2018 celébranse os 140 anos da primeira visita do escritor francés a Vigo. A esta baía fai referencia Jules Verne na súa obra 20000 leguas baixo os mares. Así, durante a Semana do Libro, os alumnos de 4.º, 5.º e 6.º de primaria emularon o escritor, tratando de construír un globo aerostático coa axuda da profesora Diana e alumnos de 2.º e 3.º de ESO. Tamén lanzamos un foguete de auga que non acadou a Lúa, pero case… chegou ao—

Ler máis

Navegar con rumbo

O Departamento de Orientación do Quiñones de León achegou o alumnado de 1.º e 2.º da ESO o plan Navega con rumbo polo ciberespazo. Esta é unha iniciativa que parte do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia. Trátase dun proxecto destinado a dar a coñecer ao alumnado os riscos que implica navegar por Internet. Dun xeito ameno, o relator, Ignacio Colino, amosou ao alumnado cuestións relacionadas coa seguridade en Internet. Fíxolles—

Ler máis

Falamos das emocións

A miúdo aos nenos pequenos cústalles expresar as súas emocións e, aos adultos, interpretar o que lles acontece. Con esta actividade intentamos axudarlles, mediante símbolos e debuxos, a explicarnos como se senten. A actividade tivo lugar durante a hora de inglés e, entre os materiais que empregamos, tiñamos os pratos, que nos serviron para facer ruletas das emocións (feelings plates). Gustoulles moito a actividade. A partir deste día, saudámonos todos os días coa canción Good morning e os xestos que nos—

Ler máis