CELEBRAMOS O NADAL

Como todo os anos, celebramos no cole a chegada destas datas tan sinaladas, realizando diferentes actividades espaciadas ao longo das dúas semanas previas as vacacións. O profesorado de infantil encargouse de distribuir unha serie de accións con dous obxectivos principais; por  un lado, contribuir nun nadal solidario, pensando naqueles que non poden celebralo comas nos, e por outro lado decorar o centro dende as diferentes etapas educativas. Aparte destes dous propósitos, fixéronse actividades de todo tipo, traballando as diferentes áreas:—

Ler máis

Taller de Nadal no Museo Liste

Hoxe, o alumnado de Educación Infantil participou nunha saída didáctica ao Museo Liste, para realizar un taller de Nadal. Todos estaban emocionados, e xa no autobús amosaban as súas caras de ledicia. Unha vez no Museo as monitoras fixeron unha pequena presentación etnográfica dos cantos de Nadal, e a continuación o noso alumnado participou nun taller de creación de instrumentos musicais co que puidemos acompañar as nosas cancións de Nadal. Os máis pequenos, da clase de tres anos, fixeron unha—

Ler máis

FELIZ ANO!!

FELIZ ANO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO QUIÑONES DE  LEÓN!! E que mellor forma de comezar este novo ano que amosándovos os preparativos e a festa do Nadal que fixemos no cole. Desde a ponte de decembro, puxémonos mans á obra e decoramos os corredores, elaboramos unha árbore dos desexos e traballamos a festividade do Nadal dende diferentes áreas. O xoves 20, os leonciños de infantil tiveron o seu festival pola tarde, coa esperada visita do home de vermello.—

Ler máis

A ESO e o Nadal

O alumnado da ESO quixo celebrar último día da clase compartindo con todos os compañeiros o seu tempo e os seus saberes. O grupo de 1.º da ESO deciciu contarlles uns contos aos leonciños. Primeiro, ensaiaron na clase e tamén na biblioteca diante dos compañeiros. Traballaron a expresión oral e a xestualidade, moi importantes para ser bos contadores de historias: E o día 21 de decembro tiveron que actuar diante do público máis esixente; os nosos leonciños: Foron uns valentes—

Ler máis