-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
Category Archives: Nadal
CELEBRAMOS O NADAL

Como todo os anos, celebramos no cole a chegada destas datas tan sinaladas, realizando diferentes actividades espaciadas ao longo das dúas semanas previas as vacacións. O profesorado de infantil encargouse de distribuir unha serie de accións con dous obxectivos principais; por un lado, contribuir nun nadal solidario, pensando naqueles que non poden celebralo comas nos, e por outro lado decorar o centro dende as diferentes etapas educativas. Aparte destes dous propósitos, fixéronse actividades de todo tipo, traballando as diferentes áreas:—
Taller de Nadal no Museo Liste

Hoxe, o alumnado de Educación Infantil participou nunha saída didáctica ao Museo Liste, para realizar un taller de Nadal. Todos estaban emocionados, e xa no autobús amosaban as súas caras de ledicia. Unha vez no Museo as monitoras fixeron unha pequena presentación etnográfica dos cantos de Nadal, e a continuación o noso alumnado participou nun taller de creación de instrumentos musicais co que puidemos acompañar as nosas cancións de Nadal. Os máis pequenos, da clase de tres anos, fixeron unha—
Comezamos a preparar o Nadal…
FELIZ ANO!!

FELIZ ANO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO QUIÑONES DE LEÓN!! E que mellor forma de comezar este novo ano que amosándovos os preparativos e a festa do Nadal que fixemos no cole. Desde a ponte de decembro, puxémonos mans á obra e decoramos os corredores, elaboramos unha árbore dos desexos e traballamos a festividade do Nadal dende diferentes áreas. O xoves 20, os leonciños de infantil tiveron o seu festival pola tarde, coa esperada visita do home de vermello.—
A ESO e o Nadal

O alumnado da ESO quixo celebrar último día da clase compartindo con todos os compañeiros o seu tempo e os seus saberes. O grupo de 1.º da ESO deciciu contarlles uns contos aos leonciños. Primeiro, ensaiaron na clase e tamén na biblioteca diante dos compañeiros. Traballaron a expresión oral e a xestualidade, moi importantes para ser bos contadores de historias: E o día 21 de decembro tiveron que actuar diante do público máis esixente; os nosos leonciños: Foron uns valentes—