Nadal e cualificacións

Informámoslles de que as vacacións de Nadal comezarán o día 21 de decembro (último día de clase) e as cualificacións da 1ª avaliación publicaranse ese día ás 16:00 h en Abalar. As clases reanudaranse  o 10 de xaneiro.

Bo Nadal!

Eleccións ao Consello Escolar

  • Informámoslles de que tanto pais e nais como alumnado poden consultar as listas de candidatos/as no taboleiro da entrada.
  • A data das eleccións é o 26 de novembro, en horario, para os pais/nais, de 9:15 a 14:00 h (entrada por Travesía de Vigo).
  • Para votar deben acreditarse co seu DNI, NIE ou pasaporte.
  • Nas papeletas electorais, que poderán recoller ese día, deberán marcar só 2 nomes de candidatos/as.

Grazas por participar.


 

Sorteo da Xunta Electoral nas eleccións ao Consello Escolar

Informámoslles de que o vindeiro 29 de outubro terá lugar, en reunión do Consello Escolar ás 18:00 h, o sorteo dos membros titulares e suplentes da Xunta Electoral para as eleccións de 2021, que estará formada polo director, un representante da titularidade do centro, un profesor/a, un pai/nai/titor legal, un alumno/a de ESO e un membro do PAS.