Tarefas para a semana do 23 ao 29 de marzo

Educación Infantil:  Para calquera dúbida podedes contactar connosco premendo na seguinte ligazón: Correos de contacto

Educación Primaria: ,  2º ,  3º ,   ,  5º ,

Educación Secundaria: 3º  (o enlace correcto para matemáticas de reforzo é este),

Consultade os boletíns de cada curso para ver a posibilidade de conectar co profesor/a por videochamada.

Solucionario semana anterior de: Matemáticas, FQ e BX 3º e 4º ESO

Ánimo!

Os traballadores/as do CPR Quiñones de León desexan mandar unha mensaxe de ánimo aos pais, nais e alumnado deste colexio, co devezo de que a normalidade volva o antes posible.

Semana da Ciencia en 1º e 2º ESO

Na Semana da Ciencia, os alumnos/as de 1º ESO escribiron un bonito conto sobre o espazo, os cometas e os planetas, que leron aos alumnos/as de 5º e 6º de Primaria. En 2º ESO elaboraron unha presentación sobre grandes mulleres na  historia da ciencia, que tiveron que superar os prexuízos das épocas nas que lles tocou vivir. Por alí pasaron, entre outras, Irène Joliot-Curie (física e química),  Barbara McClintock (xenética), Jane Goodall (primatóloga) ou Margarita Salas (bioquímica). Parabéns a todos/as—

Ler máis

O laboratorio escolar na Semana da Ciencia

A actividade de 3º ESO para a Semana da Ciencia consistiu na elaboración dun vídeo cómico-pedagóxico sobre o laboratorio escolar: que normas se deben seguir, que aparellos hai, que materias e comportamentos son perigosos, cal son as medidas de seguridade, etc. O vídeo foi visto, despois dun pequeno concurso sobre o laboratorio, polos alumnos de toda a ESO e parece que lles gustou. Grazas a Xoan, Alba, Hiba e Yassir por perder a vergonza durantes uns minutos e participar como—

Ler máis

Semana da ciencia: Primeiro experimento de Educación Infantil

Como xa sabedes, esta semana no cole estamos a desenvolver a Semana da Ciencia, na que participan de forma activa tódalas etapas educativas. E onte, o alumnado de Educación Infantil comezou no laboratorio coa primeira das experiencias programadas: un experimento de flota ou afunde no que fomos experimentando con distintos contidos científicos coma a formulación de hipóteses, e a comprobación experimental das mesmas; ou o pensamento analítico e reflexivo para analizar os achados. Comezamos enchendo un recipente transparente con auga—

Ler máis