-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
Categoría: Noticias
Museo do Mar 1º e 2º EP
O pasado xoves o noso alumnado de 1º ciclo de EP visitou o Museo do Mar. Esta vez a saída tiña un carácter especial xa que tivemos que coller o Vitrasa e pagarlle ao conductor, moi emocionante para estas idades e máis se vas cos compañeiros de clase. Despois de aprender moitas cousas do mar e do que podemos facer polas crituras que viven na nosa fermosa ría, merendamos na praia e fixemos unha recollida de elementos alleos a ela,—
Ecoralia, a lambona ecolóxica
Hoxe o alumnado de Educación Infantil tivemos a oportunidade de asistir ao auditorio do concello para gozar dun espectáculo moi especial: o novo traballo de Pakolas, Ecoralia, a lambona ecolóxica. A través das súas cancións cheas de ritmo e diversión, aprendemos a importancia de consumir alimentos ecolóxicos e de coidar o medio ambiente, tanto na terra como no mar. Tamén reflexionamos sobre como pequenas accións poden axudar a combater o cambio climático e a garantir o benestar animal. Foi unha—
Visitamos o Faro de Vigo
Recentemente o noso alumnado do 2º e 3º ciclo de EP visitaron as instalacións do diario decano da nosa cidade. Esta actividade está enmarcada dentro Proxecto do Faro da Escola, no cal levamos participando dende a súa primeira edición. Foi unha xornada moi interesante xa que lles permite coñecer de primeira man como funciona un medio de comunicación real. Durante a visita, puideron descubrir como se elabora un xornal, desde a recollida da información ata a súa publicación, o que—
Easter Hunt 2026
Este ano, desde a materia de Inglés, organizamos unha procura de Easter egg para o noso alumnado de Ed. Infantil e Primaria. Nesta actividade transversal, cada grupo desfrutou do reto de atopar os ovos que outro grupo escondéralles pola Biblioteca e sorprendentemente, desfrutaban máis de preparar a actividade para os próximos compañeiros e compañeiras que de buscar os que lles esconderan. Isto demóstranos que estas actividades fomentan, sobre todo un clima de compañeirismo e empatía. Preocupábanse de saber que idade—
O alumnado de Infantil e 2º de Primaria visita o Museo Quiñones de León.
O alumnado de infantil e 2º de primaria realizou unha visita ao Pazo Museo Quiñones de León, o museo que inspirou o nome do noso colexio. Foi unha xornada moi divertida na que coñecemos de primeira man como era a vida na casa antigamente e puidemos ver fotografías dos antigos moradores. Para rematar, percorremos o labirinto dos xardíns, unha actividade que resultou moi entretida para todos e todas.



