Emprendendo e aprendendo: viaxe a Cangas

Os nenos de 4.º de primaria están a traballar nun proxecto chamado “Espírito Emprendedor”, no que coñecen e analizan o traballo necesario para montar unha empresa dende os seus inicios. O que para moitas persoas se traduce en facer realidade un soño. Con motivo deste proxecto, desprazámonos ata Cangas, os veciños de en fronte, para coñecer de primeira man dúas firmas que levan o seu traballo por bandeira: Rinoceronte Editora e Saias Ledas. Foi unha mañá moi fría, pero acompañounos—

Ler máis

Visita a Naturnova: O bosque das estacións

O pasado venres, os leonciños tiveron unha saída moi especial. Visitaron Naturnova, que é un centro interactivo de educación ambiental. Alí puideron coñecer o medio que os rodea dunha forma lúdica e interactiva. A temática da visita era “O bosque das estacións”. E ao redor deste tema resolveron cuestións como: por que son tan importantes os nosos bosques, cales son as estación e como se diferencian ou como cambian as árbores. E o que máis lles impactou foi poder entrar—

Ler máis

A GALIÑA AZUL

Os alumnos e alumnas de 1.º e 2.º de educación primaria foron ao teatro para gozar da representación de A galiña azul. Moitos deles non coñecían como era un teatro, aínda que na clase falaron del e as mestras lles deron unhas pautas de como debían comportarse e non esquecer aplaudir cando rematase a obra. E a verdade… con esta saída, tiveron a ocasión de gozar das instalacións do teatro, así como ver como actúan en vivo e en directo os actores—

Ler máis

Visita á Biblioteca Xosé Neira Vilas

Durante estas últimas semanas, os rapaces de Primaria foron á Biblioteca Xosé Neira Vilas. Así, o alumnado pódese achegar ao mundo da biblioteca dunha forma lúdica e amena, e que a valore como un lugar de formación á vez que de lecer. Deste xeito, a través das visitas á biblioteca, os rapaces participantes familiarízanse co uso das súas instalacións, coñecen o seu funcionamento e as posibilidades formativas que ofrece, e ao mesmo tempo descobren un espazo no que poder pasar—

Ler máis

XXVIII SEMANA DE CINE SUBMARINO

O pasado 13 de novembro, os nenos de 5º e 6º de primaria acudiron á XVIII mostra de cine submarino, organizada pola Universidade de Vigo. A proxección tivo lugar na sala Afundación. A primeira parte da proxección, tratou dos depredadores mariños, ensinándonos que os animais do mar teñen que defenderse non só dun depredador, senón de varios, como é o caso dos cangrexos, atacados por polbos e moreas. Xa na segunda parte, trataron o tema dun naufraxio que tivo lugar—

Ler máis