Matemáticas na rúa

Os alumnos/as de 3º ESO participaron como monitores nos obradoiros de Imatxina na rúa que organizou a Fundación Escola Rosalía e que  tiveron lugar no centro comercial A Laxe durante a mañá do sábado. Moitos foron os nenos/as e adultos que se achegaron para tratar de resolver os xogos de estratexia que se lles presentaban, algúns deles bastante complicados. Grazas aos participantes por contribuír a achegar as matemáticas a todos os públicos.  

Programa Vigo en inglés

O noso colexio participa un ano máis no programa de inmersión en lingua inglesa “Vigo en inglés”, impulsado desde o Concello de Vigo.

As nosas alumnas xa partiron cheas de emoción por afianzar os seus coñecementos de inglés e coñecer unha cultura diferente da nosa. Gozarán de tres semanas de experiencias, nunha escola nova e acompañadas dunha familia.

Só vos desexamos que aproveitedes esta viaxe!

Os leonciños visitan a Fundación Sales

Os nosos leonciños tamén tiveron a súa saída de fin de curso. Este ano visitaron a Fundación Sales, espazo digno dos mellores soños, que podemos atopar na nosa cidade. Estes rapaces tiveron a oportunidade de pasear por estes xardíns, entre bambús, e recoñecer numerosas especies vexetais. E tamén tiveron tempo de participar nun obradoiro de plantación e traer consigo unha pequena planta para coidar nas súas casas. Os nosos leonciños e leonciñas regresaron do mellor conto de fadas da nosa—

Ler máis

Visita da ESO aos museos coruñeses

Dicía Galileo que a Natureza está escrita en liguaxe matemática e que se non coñecemos esta linguaxe vagamos por un escuro labirinto. Os alumnos da ESO tiveron o pracer de poder ver e experimentar o que sabemos sobre a enerxía, as forzas da Terra, a evolución ou a percepción na Domus e na Casa das Ciencias da Coruña. Tamén viaxaron a outras latitudes (subiron de Vigo, a 42,23ºN, ata A Coruña, a 43,37ºN; en total, máis dun grao de meridiano),—

Ler máis

Excursión de fin de curso de primaria

O pasado venres, o alumnado e profesorado de Educación Primaria marchamos de excursión de fin de curso ao Ecoparque de Marín. Alí dividímonos en dous grupos. Os máis pequenos (1.º e 2.º) tiveron a oportunidade de pasar un divertido anaco coas eguas que alí viven. Déronlles de comer, peiteáronas e, despois, deron unha pequena volta. Convertéronse en auténticos xinetes e amazonas. Logo, fixeron unha xincana polo parque. Os alumnos de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º realizaron un circuíto arbóreo. Nel,—

Ler máis

O alumnado de 3º da ESO visita as Illas Cíes

Onte o alumnado de 3.º da ESO realizou unha visita educativa ás Illas Cíes, dentro das actividades programadas no marco do proxecto “Planeta Cíes” no que están a participar. O seu obxectivo é apoiar a candidatura das nosas illas a Patrimonio da Humanidade. Despois de coñecer e traballar na clase as unidades didácticas que nos achegou a organización, e de participar nun concurso de cuestións sobre elas, como xa vos contamos en entradas anteriores, chegou por fin o momento de—

Ler máis