“A fala”, recitado do alumnado de 6.º de primaria

O noso grupo de 6.º de Primaria quere mostrarvos o primeiro poema de lingua galega do curso, que pouco a pouco estiveron aprendendo e memorizando. Con este poema de Manuel María: “A fala”, introducíronse no mundo da poesía galega. Nesta actividade traballaron tipos de textos e de escritura diferentes do que adoitan atopar no seu día a día. Somerxéronse nunha realidade diferente da que están acostumados a vivir, na que se encontran o real e a  imaxinación. Grazas a este—

Ler máis

25 de Novembro. Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

O pasado 25 de novembro foi o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres e, aínda que é un valor que promovemos de maneira transversal no noso día a día, levaron a cabo unhas actividades un pouco máis especiais co motivo desa data. Xa que é un tema difícil de tratar a idades de temperás en 2º de E. P. e en 3º de E. P. quixeron achegar o motivo e o espírito dese día a través de—

Ler máis

Certame de regueifas

O noso club de regueifeiras e regueifeiros participou no II Certame Provincial de Regueifas, grazas á Asociación ORAL de Galicia e á Deputación de Pontevedra. O certame estivo dirixido por Lupe Blanco e Josinho da Teixeira, que tamén convidaron ao final da celebración a Pinto, Caruncho, Bieito Lobariñas e Kike Estévez, que nos fixeron rir coas súas coplas. Demostraron, enriba do escenario, que lles sobra coraxe; improvisaron, cantaron, imaxinaron e gozaron dunha mañá incrible, acompañada de aplausos e risos. Os—

Ler máis

Magosto 2021

O pasado luns celebramos o Magosto no cole. Xa que as limitacións COVID en canto ao transporte non nos permitían subir ao monte como adoitamos facer todos os anos, decidimos que non queriamos deixar pasar esta data sen celebrar. Así que, deixando de lado un pouco os libros por un día, pasamos unha xornada de convivencia na que puidemos facer moitas das actividades propias deste día: comer castañas, xogar no patio a xogos tradicionais… e outras máis propias dunha xornada—

Ler máis