Taller de Nadal no Museo Liste

Hoxe, o alumnado de Educación Infantil participou nunha saída didáctica ao Museo Liste, para realizar un taller de Nadal. Todos estaban emocionados, e xa no autobús amosaban as súas caras de ledicia. Unha vez no Museo as monitoras fixeron unha pequena presentación etnográfica dos cantos de Nadal, e a continuación o noso alumnado participou nun taller de creación de instrumentos musicais co que puidemos acompañar as nosas cancións de Nadal. Os máis pequenos, da clase de tres anos, fixeron unha—

Ler máis

Pequenos artesáns do Nadal

O noso alumnado de tres, catro e cinco anos foi este ano o encargado de adornar a árbore de Nadal situado na entrada do colexio. Por iso puxémonos mans a obra e comezamos a elaborar uns adornos ben artesanais. Os máis pequenos da clase de tres anos fixeron unhas divertidas bolas de Nadal elaboradas con papeliños de cores. Con elas non so traballaron as súas habilidades manipulativas, senón que tamén estimularon os sentidos coas cores, as texturas e as transparencias.—

Ler máis

Minichefs Quiñones: preparando un menú saudable

No marco do proxecto de alimentación que estamos a desenvolver na clase de catro anos, pasamos da teoría á práctica, e puxémonos a cociñar! Coa axuda do noso receitario, eliximos unhas receitas ben saudables e sinxelas de elaborar, para traballar cociñando en equipo. De primeiro prato escollemos unha rica e saborosa “Ensalada de flores”, feita con produtos da horta variados: tomates, espárragos, millo e espinacas. Despois de lavar ben as mans e todas as verduras, comezamos a falar dos ingredientes—

Ler máis