-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
Festival de Nadal 2025
Como sabedes este ano celebramos xuntos a chegada das vacacións de Nadal cun Festival no Centro Cultural do Calvario. Foi unha xornada entrañable e moi emocionante para o noso alumnado. Deixámosvos aquí as actuacións da xornada e proximamente poderedes ver máis actividades levadas a cabo durante o mes de Decembro no cole. Poderedes atopar as actuacións por orden segundo o programa do día. Felices Festas!
Infantil visita Centro de día Doral
Os Leonciños realizaron unha visita ao Centro de Día Doral que resultou ser unha experiencia marabillosa. Compartimos momentos inesquecibles que deixaron unha pegada tanto nos avós como no alumnado de infantil. A conexión entre xeracións foi moi especial, e todos gozamos dunha xornada chea de emocións. Agardamos con ilusión poder repetir pronto.
Felices Festas!
Dende o Equipo de Infantil queremos desexar unhas felices festas a todas as familias. Con esta postal dos nosos leonciños enviámosvos toda a nosa ilusión, alegría e agarimo. Grazas por acompañarnos neste trimestre.





