Arremedamos o Dígocho eu!
Este curso, con motivo do Día das Letras Galegas, animámosnos a arremedar o programa Dígocho eu! Non perdades os dous vídeos se queredes aprender novas palabras e expresións:
Este curso, con motivo do Día das Letras Galegas, animámosnos a arremedar o programa Dígocho eu! Non perdades os dous vídeos se queredes aprender novas palabras e expresións:
Este curso participamos no XVI Concurso de redacción e poesía que organiza todos os anos a Asociación de Veciños de San Roque co gallo do Día das Letras Galegas. Moitos dos nosos alumnos e alumnas animáronse a escribir. E hoxe tivo lugar a entrega de premios. Parabéns a todos e a todas, animámosvos a seguir lendo e escribindo.
O alumnado de 3.º e 4.º da ESO participou dos encontros virtuais organizados polo Centro de Documentación e Recursos Feministas e a Concellería de Igualdade de Vigo. Participaron nas charlas con Andrea Maceiras e Ledicia Costas, nas que falaron sobre literatura, as súas influencias ou como comezaron a escribir.
Este ano 2023, dedícaselle o Día das Letras Galegas a Francisco Fernández del Riego, intelectual, editor, escritor e gran mantedor da nosa cultura. Ademais de coñecer esta persoa e afondar no seu traballo, decidimos traballar a fraseoloxía e o léxico de noso. Enfocámolo desde unha óptica creativa, na que o alumnado puido facer un deseño dunha camiseta na que plasmase algunha frase feita das traballadas. Hoxe xuntámonos para compartir estes traballos e algunhas destas frases. Aquí vos deixamos unhas imaxes—
Esta semana celebramos os maios no colexio. Moitos dos nosos alumnos e alumnas non coñecían o significado desta celebración, así que decidimos explicar en que consistía esta data e tamén preparamos unhas coplas para cantar. Tivemos unhas guías da cerimonia estupendas: que deron paso ás demostracións da lírica popular dos compañeiros e compañeiras. Elas e eles serán os mantedores das nosas tradicións.