Distribución de máscaras

A Xunta de Galicia, segundo orde do 6 de novembro de 2020, vai distribuír máscaras entre alumnos/as de Primaria e ESO. As condicións para acceder a estas axudas poden descargarse aquí.

Máis información no menú COVID-19, en Axudas, á dereita desta páxina.

Esencia de amorodo

A linguaxe da vida é universal e os constituíntes básicos son os mesmos nun amorodo e en nós mesmos. Así que en 3º de ESO extraemos o ADN duns amorodos, un longo fío enroscado formado por moléculas (bases) unidas en parellas: timina-adenina, citosina-guanina; e así todo, repetíndose millóns de veces. Como teñen moito ADN similar (xa que levan oito copias en lugar das dúas dos humanos), sóense usar para estas cousas. O primeiro é ter amorodos (quen preguntaba de que—

Ler máis

Normas da plataforma Blink

O alumno/a que utilice a plataforma Blink (á que se pode acceder desde esta web: arriba á dereita, ou no enlace https://www.blinklearning.com/login ) deberá seguir as seguintes normas:

  • Para entrar usará o enderezo de correo e o contrasinal que lles facilitou o titor/a por Abalar.
  • O contrasinal poderá cambialo, pero deberá tratar de non  esquecelo.
  • No caso de irmáns, cada un terá un nome de usuario diferente (distinto enderezo de correo).
  • Non é preciso descargar ningún programa ou aplicación.

Aviso importante

  • Debido ao cambio do tipo de ensino por mor do coronavirus, as programacións didácticas foron adaptadas ás circunstancias específicas deste curso. Os pais/nais e alumnos/as poden consultar estas programacións adaptadas nos menús da esquerda.

Semana da Ciencia en 1º e 2º ESO

Na Semana da Ciencia, os alumnos/as de 1º ESO escribiron un bonito conto sobre o espazo, os cometas e os planetas, que leron aos alumnos/as de 5º e 6º de Primaria. En 2º ESO elaboraron unha presentación sobre grandes mulleres na  historia da ciencia, que tiveron que superar os prexuízos das épocas nas que lles tocou vivir. Por alí pasaron, entre outras, Irène Joliot-Curie (física e química),  Barbara McClintock (xenética), Jane Goodall (primatóloga) ou Margarita Salas (bioquímica). Parabéns a todos/as—

Ler máis