O laboratorio escolar na Semana da Ciencia

A actividade de 3º ESO para a Semana da Ciencia consistiu na elaboración dun vídeo cómico-pedagóxico sobre o laboratorio escolar: que normas se deben seguir, que aparellos hai, que materias e comportamentos son perigosos, cal son as medidas de seguridade, etc. O vídeo foi visto, despois dun pequeno concurso sobre o laboratorio, polos alumnos de toda a ESO e parece que lles gustou. Grazas a Xoan, Alba, Hiba e Yassir por perder a vergonza durantes uns minutos e participar como—

Ler máis

O colexio a un clic

A aplicación AbalarMóbil ofrece agora un servizo de mensaxería que permite que o pai/nai do alumno/a reciba no seu móbil mensaxes do titor/a sobre asuntos de importancia. Tamén, como ata agora, recibirá información das notas, faltas de asistencia, incidencias, etc, en canto estas se rexistren no servizo informático. Se quere estar informado/a, descargue a aplicación da Xunta de Galicia.

O quentamento da Terra

O alumnado de 2º e 3º ESO asistiu a unha charla do profesor Carlos Pérez-Collazo, da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da UVigo, sobre o cambio climático que está a acontecer no planeta.   As causas son claras e apuntan a actividade humana dos dous últimos séculos, desde a Revolución Industrial, pola emisión á atmosfera de grandes cantidades de gases de efecto invernadoiro, como o dióxido de carbono, o metano ou os óxidos de nitróxeno e de xofre.—

Ler máis

4º ESO pescuda o seu grupo sanguíneo

O alumnado de 4º ESO dedicou a clase de Bioloxía a pescudar o seu grupo sanguíneo. Cun pinchaciño (voluntario: non todos se atreveron) e reactivos de anticorpos do distintos grupos do sistema ABO e Rh, puideron comprobar cal era o seu tipo de sangue segundo a reacción ou non de aglutinación dos glóbulos vermellos.

Aí tedes a algúns despois da minicirurxía.