Xa chega o Entroido

Xa temos ao Meco sentado na entrada,
tranquilo, mirando, sen facer máis nada.
É feo e o sabe, pero non lle importa,
porque se divirte xogando coa roupa:
un día o sombreiro, por se fóra chove,
ao outro os zapatos de distintas cores.
Pregunteille ao Meco que quere que fagas:
-Que a miña roupa imite, sen facer trasnadas.

  • O luns viste elegante cunha bonita paxarela ou unha gravata.
  • O martes, o sombreiro máis chulo que atopes na casa.
  • O mércores, de distintas cores os zapatos han ser.
  • O xoves, ao redor da cintura algo fermoso debes poñer.

E lembra que non podes usar maquillaxe, caretas nin luvas.

Máscaras para o alumnado

Os pais/nais/titores do alumnado beneficiario das máscaras  que reparte a Xunta de Galicia poden pasar a recollelas na Administración do colexio a partir do día 14 de xaneiro, en horario de 9:30 a 11:00 e de 13:00 a 13:45 h. Pregamos sexan respectuosos/as co protocolo COVID-19.