En primaria, regueifamos!

Esta semana, o alumnado de 5.º de Primaria tivo a sorte de poder gozar da compañía dos grandes regueifeiros Caruncho e Pinto. Explicáronnos a orixe das regueifas e amosáronlle ao alumnado a existencia desta arte de improvisación en todo o mundo. Despois, acompañados polo son da zanfona, crearon coplas e tamén as cantaron. Coma sempre, esta é unha actividade chea de humor, risas e o mellor ambiente! Este foi só un primeiro achegamento a esta arte de improvisación oral, pero haberá máis. Parabéns!

Ler máis

Charla de Sexualidade en 3º ESO

O alumnado de 3º ESO asistiu a unha charla dos centros Quérote+ sobre Sexualidade. Se ben un tema integral (biolóxico, ético, histórico, etc.) da persoa non se pode aprender en 50 minutos, os rapaces recibiron información de moitos asuntos de interese (ITS, métodos anticonceptivos, …) e, o que é máis importante, de onde acudir para ser escoitados en caso de necesitar axuda.

Ler máis

XIV Certame Escolar de Regueifas

A semana pasada participamos no XIV Certame Escolar de Regueifas do Concello de Vigo. Alí fomos co noso club de regueifeiras e regueifeiros, xunto a outros centros de secundaria de Vigo. Con Pinto e con Caruncho, como mestres da celebración, a mocidade amosou os seus dotes nesta arte de improvisación. Unha das nosas alumnas pasou a primeira rolda, así que seguiremos practicando para os próximos certames. Parabéns a toda a rapazada!

Ler máis