Actividades extraescolares curso 2023-2024

Xa estamos a organizar este novo curso e queremos propoñer algunhas actividades extraescolares para o alumnado do centro. Este curso as actividades chegarán da man de Cocofante. Estamos seguros de que resultarán un bo complemento para a formación dos rapaces e rapazas. Podedes premer sobre a primeira imaxe para inscribirvos ou a continuación: ACTIVIDADES.      

Graduación de secundaria

Este curso 2022-2023 xa está chegando á súa fin e, como todos os cursos nesta época, o alumnado de 4.º da ESO celebra a graduación. Como lles transmitimos ese día o profesorado: unha nova viaxe comeza para eles, pero sen esquecer que aquí sempre terán a súa casa, á que poden regresar. O alumnado tamén compartiu con toda a comunidade educativa un vídeo e unhas palabras que gardaremos para sempre no noso recordo. Desexamos que esta nova etapa vos traia—

Ler máis

Podcast 3º ESO

Este curso os alumnos e alumnas de 3º da ESO gravaron por parellas ou grupos un podcast, un true crime. Foi unha experiencia moi divertida coa que se traballaron na aula as habilidades orais, a creatividade, a aprendizaxe autónoma e a competencia dixital.
Aquí tedes unha pequena mostra: arquivo de audio.

Saída do alumnado de secundaria

O curso xa está chegando á súa fin e o alumnado de secundaria saíu pasar unha xornada de convivencia ata o parque de aventuras Marikiná Park. Nun espazo natural incrible, atravesaron pontes colgantes, lanzáronse en tirolinas, saltaron con lianas… e fixeron medrar os seus vínculos de amizade. Despois desta intensa mañá, fomos ao parque forestal de Beade onde xa puideron descansar.  

Campamento de verán

Desde o 26 de xuño ao 28 de xullo, o Club Deportivo Seung Sport de taekwondo organiza nas instalacións do noso colexio un divertido campamento de verán. Os máis pequenos poderán gozar de numerosas actividades e facer novas amizades. O alumnado do colexio beneficiarase do prezo reducido, coma se fose socio do club de taekwondo. Se precisades máis información, non dubidedes en contactar no teléfono ou enderezo electrónico indicados no cartel.