A ESO e o Nadal

O alumnado da ESO quixo celebrar último día da clase compartindo con todos os compañeiros o seu tempo e os seus saberes. O grupo de 1.º da ESO deciciu contarlles uns contos aos leonciños. Primeiro, ensaiaron na clase e tamén na biblioteca diante dos compañeiros. Traballaron a expresión oral e a xestualidade, moi importantes para ser bos contadores de historias: E o día 21 de decembro tiveron que actuar diante do público máis esixente; os nosos leonciños: Foron uns valentes—

Ler máis

Marchamos de Magosto!

O pasado venres 16 de novembro, todo o alumnado do Quiñones de León celebrou a tradicional festa do Magosto no monte do Vixiador. Xunto a unha paisaxe de outono e un cheiro a castañas e chourizos, os nenos pasaron a mañá xogando, pintando a cara e divertíndose cos seus compañeiros e profesores. Este ano, como novidade, tamén contamos cunha máquina de asar castañas!! Os alumnos dos cursos superiores de Primaria tamén o pasaron moi ben resolvendo un xogo de pistas—

Ler máis