Semana do Libro 2023

Durante a semana do 17 ao 23 de abril, fixemos diferentes actividades a propósito da celebración do Día do Libro.Lanzamos, ao alumnado de secundaria, tres propostas para que escollesen: a creación dun perfil literario en Instagram, un bookface ou unha escena literaria. Neste vídeo, podedes ver o resultado: Tamén se organizou un obradoiro sobre a orixe da escritura, diferentes tipos de escritura (cuneiforme, xeroglífica…), etcétera. Felices lecturas a todos e a todas!

Semana do Libro

O 23 de abril celébrase o Día do Libro e nós non quixemos deixar pasar esta data tan importante. Realizamos diferentes actividades ao longo de dúas semanas: lecturas compartidas, contacontos, creación de marcapáxinas, recomendacións literarias… Velaquí tedes unha pequena mostra do traballo desenvolvido, só tedes que premer no seguinte texto: actividades polo Día do Libro. Animámosvos a seguir voando e imaxinando coas mellores lecturas!

Semana do Libro 2019

A Semana do Libro celebrouse este ano no colexio dunha maneira “espacial”. Coa temática do universo, os nenos de todo o cole, desde Infantil ata a ESO, fixeron actividades relacionadas coa lectura, coa finalidade de fomentala entre os máis cativos, e que, así, descubran as súas marabillas. Como actividade común para todo o cole fixemos un gran mural no que contestabamos unha pregunta: “Se foses un personaxe de conto, quen che gustaría ser?”. Os nenos anotaron as súas respostas nunha—

Ler máis