-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
Categoría: Charlas
Orgullo Galego con nós

O alumnado de 3.º da ESO tivo a oportunidade de escoitar a Borxa, de Orgullo Galego. Esta comunidade comparte e difunde contidos relacionados con Galicia, a súa cultura, tradicións, curiosidades, lugares interesantes… Borxa, desta volta, veu para falar de redes sociais en galego, do uso do galego en Internet e de que o galego é unha lingua coa que se pode chegar a todo o mundo. Moitas grazas por amosar esta realidade ao noso alumnado!
Encontros con autoras

O alumnado de 3.º e 4.º da ESO participou dos encontros virtuais organizados polo Centro de Documentación e Recursos Feministas e a Concellería de Igualdade de Vigo. Participaron nas charlas con Andrea Maceiras e Ledicia Costas, nas que falaron sobre literatura, as súas influencias ou como comezaron a escribir.
EnlazaVigo

O alumnado de 4.º da ESO, con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, participou nas actividades do programa EnlazaVigo, organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo. Este programa é un instrumento útil para educar en igualdade a nosa mocidade e busca construír unha sociedade máis xusta e igualitaria para todas e para todos.
Charlas do departamento de Orientación
Charlas científicas da UVigo

En 1º e 4º de ESO tivemos o pracer de contar cos profesores Jaime González e Carlos Mosquera que impartiron senllas conferencias do programa de Charlas de divulgación científica e tecnolóxica da Universidade de Vigo. Jaime falou cos de 1º de O teu algoritmo e ti!, no que relatou a importancia dos algoritmos (non logaritmos), procesos matemáticos que non vemos pero que están detrás do funcionamento das páxinas web de xigantes como Youtube, Instagram, TikTok ou Amazon (e si, saben—