-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
Categoría: Noticias
Participación no reto 2: trabalinguas
ATENCIÓN: último reto!
En primaria, regueifamos!

Esta semana, o alumnado de 5.º de Primaria tivo a sorte de poder gozar da compañía dos grandes regueifeiros Caruncho e Pinto. Explicáronnos a orixe das regueifas e amosáronlle ao alumnado a existencia desta arte de improvisación en todo o mundo. Despois, acompañados polo son da zanfona, crearon coplas e tamén as cantaron. Coma sempre, esta é unha actividade chea de humor, risas e o mellor ambiente! Este foi só un primeiro achegamento a esta arte de improvisación oral, pero haberá máis. Parabéns!
Visita á Biblioteca Xosé Neira Vilas

Esta semana un grupo de secundaria visitou a Biblioteca Xosé Neira Vilas. Amosáronlles como está organizada a biblioteca e todo o que alí poden facer. O tema da visita este curso é “o libro”, así que coñeceron os diferentes axentes que existen ao redor dos libros, libros sobre libros e remataron a visita elaborando cadanseu libro.