Matemáticas na rúa

Os alumnos/as de 3º ESO participaron como monitores nos obradoiros de Imatxina na rúa que organizou a Fundación Escola Rosalía e que  tiveron lugar no centro comercial A Laxe durante a mañá do sábado. Moitos foron os nenos/as e adultos que se achegaron para tratar de resolver os xogos de estratexia que se lles presentaban, algúns deles bastante complicados. Grazas aos participantes por contribuír a achegar as matemáticas a todos os públicos.  

Obradoiro de luces e sombras

Os nenos de 1.º e 2.º de educación primaria estamos a aprender moitas cousas sobre o corpo en Natural Science. Entre elas, estamos a falar moito dos sentidos… e descubrimos que o único sentido co que podemos percibir a luz é a vista. Non podemos ulila, nin saboreala, nin escoitala… Así que decidimos facer unha actividade especial para xogar con ela. Aproveitando a temática do Samaín e as sombras, fixemos un obradoiro de luces e sombras. A mestra líanos unha—

Ler máis

Final do curso 2018-2019

Pouco a pouco, os días, as semanas e os meses foron pasando, e así chegamos ao final do mes de xuño. O equipo docente do Quiñones de León quere agradecer a todo o alumnado e ás familias o apoio e o traballo desenvolvido durante este curso. Desde o día 1 ata o 22 de xullo, se tendes algunha consulta, podedes achegarvos ao centro de 10:00 a 12:00 horas. E a partir do día 22 de xullo, estaremos en horario de—

Ler máis

A graduación dos leonciños

Os leonciños de 5 anos graduáronse a semana pasada. Rematan unha etapa, chea de aprendizaxe con emoción, e prepáranse para un novo ciclo. Chegaron moi nerviosos ao colexio e alí os profesores axudáronlles a prepararse para a celebración. A seguir, dirixíronse ao salón de actos, onde todas as familias estaban a esperar por eles, para compartir esta despedida. A guía do acto foi a súa titora, a mestra Marga. Co seu bo facer, acompañou a estes leóns e leoas durante—

Ler máis

Os leonciños na Biblioteca Xosé Neira Vilas

Hoxe pola mañá os nosos leonciños e leonciñas visitaron a Biblioteca Xosé Neira Vilas. Saíron ben cediño do colexio, acompañados polos seus profesores e tamén por algúns familiares que quixeron compartir connosco esta xornada. Chegaron, tras un marabilloso paseo pola cidade, á biblioteca, onde entraron moi tranquilos. Alí, coñeceron a unha bibliotecaria que achegou os nosos cativos ao marabilloso mundo dos libros. Escoitaron os contos con moita atención, seguiron todas as súas indicacións e tamén coñeceron diversos costumes e xeitos—

Ler máis

Participación no programa educativo: Planeta Cíes

O noso grupo de 3.º da ESO está participando no programa educativo: Planeta Cíes. Este proxecto ten como obxectivo potenciar a sensibilización pola conservación e preservación dos valores naturais das illas Cíes. A través dunhas unidades didácticas, o alumnado traballou diferentes aspectos relacionados coas nosas illas, polos que deben ser consideradas Patrimonio da Humanidade. Houbo un traballo interdisciplinar, xa que estiveron implicados os departamentos de ciencias, de xeografía e historia e de linguas. Así mesmo, estivo desde un comezo presente—

Ler máis