Graduación de secundaria

A semana pasada celebramos a graduación dos nosos maiores. Houbo moitas lembranzas destes anos connosco, nos que medraron ata converterse nuns mozos e mozas marabillosos. Agora continuarán esta travesía sen deixar de remar, como ben saben facer. Este non foi un adeus. Aquí vos agardamos para saber de vós, esta é a vosa casa.