Benvidos a un novo curso

Recibiamos ao noso alumnado esta mañá cos brazos abertos e desexando que trouxesen as súas mochilas cargadas de boas noticias, recordos de verán e moita ilusión para afrontar o seu próximo gran curso. Lamentablemente aínda non podemos gozar dos seus sorrisos, pero conformámonos con ver a alegría da volta ao cole reflectida nos seus ollos. Por diante espérannos 10 meses cargados de emocións e sospresas. Benvidos a todos, alumnado e familias, a un novo curso non noso centro.

Despedida do curso 2020-21

 

Cando xa quedan poucos días para vernos de novo, queremos compartir convosco un vídeo de como despediron o curso os nosos alumnos e alumnas de primaria o pasado xuño. Aproveitamos esta oportunidade para saudarvos de novo e agradecervos novamente a vosa colaboración; e desexamos que, no curso que empezamos en breve, podamos volver ver de novo esas cariñas que nos dan tantas alegrías.

Grazas

Os traballadores/as do CPR Quiñones de León queremos agradecer ás familias a confianza que puxeron en nós para sacar adiante un curso complicado. Grazas ao bo facer de todas elas podemos dicir que a pandemia case pasou de longo por aquí, con moi pouquiñas excepcións. Que teñades un bo verán.

Graduación ESO

Comezaron, algúns, deambulando desconfiados polos corredores cando a crise de 2008, lembrades?, pero a eles non lles importaba ese palabro nin falta que facía. E aí os tedes, despedíndose xa de nós. Despois chegaron outros que encheron o noso pequeno mundo con historias de Bolivia, da República Dominicana, de Brasil, de Colombia, de Marrocos e de aquí tamén. E nós, que lles agradecemos de corazón que nos axudasen a eliminar as miopías dos patrioterismos e nacionalismos. E agora é tempo—

Ler máis