- Do 20 ao 30 de xuño para Ed. Infantil e Ed. Primaria.
- Do 25 de xuño ao 1o de xullo para ESO.
Máis información no menú da dereita (Curso 2021-22, Admisión e matrícula).
Comezaron, algúns, deambulando desconfiados polos corredores cando a crise de 2008, lembrades?, pero a eles non lles importaba ese palabro nin falta que facía. E aí os tedes, despedíndose xa de nós. Despois chegaron outros que encheron o noso pequeno mundo con historias de Bolivia, da República Dominicana, de Brasil, de Colombia, de Marrocos e de aquí tamén. E nós, que lles agradecemos de corazón que nos axudasen a eliminar as miopías dos patrioterismos e nacionalismos. E agora é tempo—
Nos últimos días de cole tivemos a graduación dos nosos leonciños da clase de 5 anos.Aquí vos deixamos un vídeo de recordo deste día tan especial.Parabéns e feliz verán!
Máis información no menú da dereita (Curso 2021-22, Admisión e matrícula).
A semana pasada celebrabamos o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a unha autora da nosa cidade, Xela Arias. Leváronse a cabo diferentes actividades co obxectivo de achegar a vida e obra desta autora adecuadas á idade do noso alumnado nas distintas etapas educativas. O alumnado de Ed. Infantil e Primaria fixeron unha mural conxunta adicada a Xela Arias que adorna o corredor de entrada pola rúa Travesía. Ademais disto o alumnado de Ed. Primaria, nenos e nenas de—