Axudas para libros e material

Xa poden consultar as listaxes definitivas do fondo de libros chamando ao colexio (986278089). Doutra banda, os beneficiarios/as de axudas de material poden recoller os cheques no centro en horario de oficina (9:00-11:00, 13:00-14:00 h).

 

Festa Fin de curso Infantil e Primaria

O pasado 16 de xuño celebramos a festa de fin de curso deste ano, a tarde estivo chea de emoción xa que é o noso primeiro festival despois da pandemia. Desde os presentadores ata os máis pequeniños, ofrecéronnos a súa mellor versión nos bailes. A continuación pasamos unha tarde de convivencia nos talleres e no inchable mentres esperabamos a actuación do mago. Unha tarde para pasalo ben en compañía da familia, os amigos e os profes. Deixámosvos a aquí as—

Ler máis

Graduación Educación Infantil

Como todos os anos celebramos un dos días máis especiais para o alumnado que remata o ciclo de educación infantil. Foi un día de nervos, emotivo e cheo de alegría. Para mostra preparamos un collage con fotos do alumnado da aula de 5 anos .